CRTVG

Buscar

Enfermo de cancro en tempos do coronavirus: convivir con dous temores

Publicado o 23/11/2020 14:12

Nestes tempos de coronavirus, a preocupación de Xandre é dobre: ten que convivir co cancro e tamén coa covid.

"Co tema do coronavirus parece un cancro diferente, incluso xa non podes estar coa túa familia ou cos seres máis achegados como estabas antes. Faise complicado. Á parte a quimio que estou dando agora é máis agresiva e teño que estar ingresado no hospital unha semana, podendo ver só a miña nai, que tamén está sufrindo. É moi duro. E sentir medo a coller o bicho e que te poida tombar", di Xandre Muíño.

Por iso, cando sae á rúa e ve xente sen máscara, en grupos, sen gardar as medidas de seguridade... dálle rabia e indignación.

"Indígnome bastante porque unha vez que me recuperei, gústame saír á rúa e ver como estaban algúns bares ou a xente pola rúa sen máscara... A mensaxe que lles daría é que pensen un pouco en todas aquelas persoas que estamos sufrindo enfermidades coma esta ou naquelas que levan meses agardando por unha operación que non chega por mor da covid", engade Xandre.

E para concienciar estas persoas que aínda cren que as medidas anticovid non van con elas, hai uns días publicou o seu alegato nas redes sociais instando a usar máscara e a cumprir todas as normas decretadas polas autoridades sanitarias.

"Poder darlle un golpe de realidade a como está a situación no hospital. Creo que ao final conseguimos facerlles ver a realidade a moitas persoas...", asegura Xandre.

Di que agora queda coa sensación de ter os deberes ben feitos.

Noticias web

23/11/2020