CRTVG

Buscar

Enfermeiros e médicos rexeitan o borrador do Sergas

Publicado o 26/02/2019 15:41

O persoal médico e de enfermería cre que o borrador do Sergas non soluciona o problema da Atención Primaria. Os médicos piden concreción e os enfermeiros máis persoal e maior presenza nos equipos de coordinación. O Sergas lembra que aínda está aberta a fase de diálogo para recoller propostas concretas.

O persoal de enfermería cre que debe ter maior presenza nas estruturas directivas e de coordinación na Atención Primaria. Pensan que médicos e enfermeiros terían que traballar xuntos neses equipos. Piden tamén un maior incremento do cadro de persoal, incluídos os especialistas.

O médicos demandan maior concreción. Aseguran que o borrador do Sergas só é unha declaración de intencións. Din que seguen abertos ao diálogo para buscar solucións reais. No Sergas lembran que é un borrador, e que continúa aberta a fase de diálogo para recoller propostas concretas.

O prazo para presentar alegacións remata este venres.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/02/2019