CRTVG

Buscar

Eneko Bóveda: "Temos presión, sen dúbida. O reto é difícil porque é evitar algo malo"

Publicado o 01/06/2020 21:08

O Deportivo ponse en 'modo competición'. Co calendario sobre a mesa volve a presión por escapar do descenso.

Eneko Bóveda, R. C. Deportivo: "Presión temos, sen dúbida. O reto é evitar algo malo, non conseguir algo bo"

O domingo 14 o Deportivo recibe o Sporting e tres días despois vai a Oviedo. Cómpre coller unha boa dinámica desde o principio. "Será moi importante para que a algún non lle aparezan as pantasmas do pasado."

Bóveda asume que a ausencia da afección influirá nos resultados, aínda que sexa unha condición para todos.

"É lóxico pensar que os estadios baleiros algún efecto teñen que ter"

Aínda así, e superada a súa lesión de desescalada, celebra a volta do fútbol.

"Para nós é boísimo e creo que é un triunfo en xeral"

Noticias web

01/06/2020