CRTVG

Buscar

Endurécense as restricións en Ponteareas a partir do luns

Publicado o 23/04/2021 14:43

Ademais do Salnés, os expertos clínicos acordaron hoxe novas medidas para algúns concellos da área de Vigo, porque tamén segue mal a evolución. Ponteareas é un deses concellos. Está evolucinando peor nos últimos días por iso dende o luns terá restricións máis duras.

A hostalería só poderá atender nas terrazas e ao 50 por cento da capacidade. O foco está posto nesta área sanitaria de Vigo porque está á cabeza dos contaxios novos. Hoxe foron 85 os positivos notificados, que se suman aos 87 de onte. Os pacientes con infeccións activa xa superan os 800.

 

Noticias web

23/04/2021