Endurécense as restricións en Viveiro polo aumento de contaxios dos últimos días
O aumento da incidencia da covid en Viveiro obriga a endurecer as restricións ás portas do verán, a temporada alta desta localidade da Mariña.
"Non pode ser que volvamos outra vez para atrás", di un veciño.
O interior dos locais de hostalería queda pechado dende o sábado. Só se permite o servizo para levar ou en terraza, coa ocupación limitada ao 50%.
"Ás portas do verán e coas esperanzas de ter máis xente e gañar máis cartos, volvemos para atrás", quéixase un hostaleiro.
O obxectivo, frear a transmisión do virus. Viveiro suma máis dunha trintena de contaxios. No colexio de Celeiro hai 7 confinados e unha aula permanece pechada.
O Sergas rastrexa a diario os posibles contactos relacionados cos focos. que tamén provocaron un aumento de casos en Xove e en Cervo.