CRTVG

Buscar

Endesa quere reutilizar ou vender o equipamento das Pontes

Publicado o 26/02/2021 17:06
Endesa quere reutilizar ou vender o equipamento das Pontes

Endesa xa ten un plan para o desmantelamento da térmica das Pontes. A eléctrica, que prevé pechar a planta a mediados deste ano, traballa nun proxecto de economía circular para poñer en valor os equipamentos e materiais da central.

A intención é reutilizalos noutros centros ou vendelos a terceiros. A compañía está á espera de que o Goberno central autorice o demantelamento da planta das Pontes.

Noticias web

26/02/2021

Máis sobre As Pontes de García Rodríguez