Endesa investirá 150 millóns de euros nunha planta de hidróxeno nas Pontes
Publicado o 29/01/2021 08:54
Pendentes do que suceda coa térmica das Pontes, en estudo está a viabilidade económica da produción con carbón e biocombustibles.
Agora Endesa anuncia a solicitude ao Ministerio para pór en marcha unha nova planta de hidróxeno no concello das Pontes, que xeraria arredor de cen empregos.
Endesa faría un investimento na nova instalación de case 150 millóns de euros, todo suxeito, claro, á obtención de fondos publicos, dos fondos europeos e incluso as liñas do Goberno central para a tranición xusta.
A nova planta estaría situada nas inmediacións da central das Pontes.