CRTVG

Buscar

Endesa gañou 832 millóns de euros no primeiro trimestre do ano

Publicado o 27/07/2021 16:20
Endesa gañou 832 millóns de euros no primeiro trimestre do ano

Coñecéronse os resultados de Endesa no primeiro semestre deste ano. A empresa eléctrica gañou 832 millóns de euros. Esta cifra supón un descenso do 26,2% comparado co mesmo período do ano anterior. Malia as condicións adversas do mercado que levou a duplicarse o prezo da electricidade no mercado maiorista, a empresa reafirmou os seus obxectivos para este exercicio. Endesa agarda unha normalización progresiva das condicións do mercado para o segundo semestre do ano.

Enagás gañou 213 millóns de euros no primeiro semestre, un 9,8 % menos con respecto ao mesmo período do ano anterior. A caída débese á menor remuneración sobre a rede de transporte de gas en España pola entrada en vigor do novo período regulatorio. Malia o retroceso, as ganancias do grupo están en liña co obxectivo marcado para o conxunto deste ano, que é de 380 millóns. A compañía logra suavizar a caída coa mellora das filiais internacionais.

Noticias web

27/07/2021