Endesa di estar prepara para reiniciar a térmica das Pontes en resposta á crise do prezo da luz
Publicado o 06/10/2021 21:02

Ante a escalada do prezo da luz, Endesa asegura que está preparada para reiniciar a actividade na térmica das Pontes. A empresa mesmo mercou unha partida dun carbón especial que chegará por vía marítima.
A compañía di que pode volver arrancar a planta se Rede Eléctrica, que é o operador do sistema, o solicita. A central das Pontes non funciona desde o pasado mes de xullo.