Endesa confirma que non alongará a vida útil da central das Pontes máis aló do 2022
O Congreso valida o decreto das renovables
Endesa confirmou este mércores a aceleración da eliminación do carbón do seu 'mix' de xeración, que deixará así de ter presenza en 2022, dentro dos obxectivos de descarbonización a 2050. O grupo porá así fin aos seus máis de catro xigawatts de presenza na súa 'mix' do carbón co peche xa solicitado de Compostilla (León) e Andorra (Teruel) e non alargando máis aló de 2022 a vida das centrais térmicas de Litoral (Almería) e As Pontes (A Coruña). Iso levará a un envorco no 'mix' da compañía, que pasará dunha capacidade a 2019 de 19 xigawattas a 17,3 xigawatts en 2022, cun importante crecemento das renovables como substitución á saída do carbón
O Congreso valida o decreto sobre renovables
A Deputación Permanente do Congreso valida hoxe o real decreto sobre as enerxías renovables, aprobado no último Consello de Ministros O texto inclúe incentivos para os territorios afectados polo peche de centrais térmicas en 2020, como o caso das Pontes. Primaranse os investimentos destinados a xerar emprego "atractivo" na zona, segundo explicou a ministra Teresa Ribera.
Sobre este decreto, a Xunta de Galicia insiste en que non é a solución. O conselleiro de Industria dixo que a estratexia de transición xusta non é posible sen os fondos da Comisión Europea.
Os traballadores piden a mesa de seguemento
Unidos como levan xa seis meses polo futuro das Pontes. Traballadores, sindicatos, partidos políticos e empresarios reclaman respeto por parte dunha empresa que leva décadas sacando beneficios da zona. Pídenlle ao goberno que convoque de xeito urxente a mesa de traballo para clarificar o futuro.
Valentín González Formoso, alcalde das Pontes: "Esixir que se convoque esa mesa de xeito urxente. Entendemos que é imprescindible para coñecer oficialmente o resultado das probas".
Mañá retomanse as mobilizacións. Hai convocada nas Pontes unha concentración diante das portas da térmica, á que seguirá unha manifestación en Ferrol pola reindustrialización das comarcas.