CRTVG

Buscar

Endesa As Pontes para uns seis meses o seu grupo de ciclo combinado para sometelo a unha revisión regulamentaria.

Publicado o 06/12/2019 16:25

Endesa xa tiña o carbón practicamente parado e súmase agora o ciclo combinado, que funciona con gas e vapor. Polo número de horas que estivo en activo ten que someterse a unha revisión regulamentaria. Uns traballos que se prolongarán ata finais de verán.

Mentres, os traballadores seguen reclamando que se manteña a actividade namentres se buscan alternativas ao carbón. Un dos colectivos máis afectados, os transportistas, que onte pararon o tráfico na A-6, anuncian que marcharán a pé cara A Coruña dende o próximo martes, nunha ruta que farán en catro etapas.

E un día antes, o luns, reunirase en Madrid a mesa de seguimento sobre a situación de Endesa, na que participan a ministra de transición ecolóxica en funcións, Teresa Ribera, a Xunta, a empresa e os sindicatos.

Noticias web

06/12/2019