CRTVG

Buscar

Encontro interxeracional para celebrar o Día das Persoas de Idade

Publicado o 01/10/2019 14:11

Son alumnos de primaria do colexio La Salle de Santiago. Hoxe reciben unha visita especial, a dunha vintena de persoas maiores que forman parte das Aulas Sénior de Galicia. Xuntos comparten actividades e retos, nunha experiencia enriquecedora para pequenos e maiores.

Participan en xogos tradicionais, achéganse á arquitectura e resolven retos tecnolóxicos. Un traballo en equipo en que todos teñen algo que achegar, e do que seguro sae algún que outro consello.

Este encontro interxeracional é unha das iniciativas que se levan a cabo no Día das Persoas Maiores, co obxectivo de poñer en valor a importancia deste colectivo en todos os ámbitos sociais. Algo que eles mesmos reivindican.

Paula Sande, directora de ATEGAL (Aulas Sénior de Galicia), di que se trata de conseguir que non haxa discriminación por unha cuestión de idade.

En Galicia, 1 de cada 3 persoas ten máis de 55 anos. Xornadas coma esta poñen en valor o talento de todas as xeracións, porque en equipo, poden facerse as cousas mellor.

Noticias web

01/10/2019