CRTVG

Buscar

Encontra sete mil euros na parroquia pontevedresa de Cerponzóns

Publicado o 06/03/2019 16:59

Paseaba co seu can e de súpeto atopouse cunha bolsa á que ninguén lle prestaba atención. Colleuna e levou unha sorpresa. Nada máis e nada menos que 7.000 euros. Inmediatamente levounos á Policía Local.

Di que non dubidou nin tivo tentación ningunha de quedar cos 7.000 euros que atopou cando daba un paseo, na súa parroquia de Cerponzóns. Juan José cóntanos a súa historia.

7.000 euros espallados en billetes pequenos dentro dunha bolsa. Juan José atopounos na beirarrúa, na súa parroquia de Cerponzóns. Ninguén se achegaba á bolsa, pero el decidiu mirar o seu interior.

Xuntos os 7.000 euros, unha carteira con datos, así que Juan José decidiu chamar a policía de Pontevedra para devolvelos. Tivo que ir cos cartos á súa casa ata que identificaron o seu propietario. 

Este veciño de Cerponzóns, parroquia milenaria de Galicia, dixo que non dubidou en seguir os procedementos axeitados para obrar con honradez.

 

 

Noticias web

06/03/2019