CRTVG

Buscar

Encontro de especialistas en Santiago para abordar a patoloxía vascular

Publicado o 10/05/2019 17:30

As técnicas minimamente invasivas van gañando terreo na cirurxía vascular, o que repercute na seguridade e na comodidade dos paciente. No Complexo Hospitalario de Santiago xa realizan seis de cada dez operacións deste tipo con cirurxía endovascular.

Presencian e comentan varias intervencións cirúrxicas simultáneas en que se abordan, con técnicas avanzadas, aneurismas ou oclusións arteriais, dúas das máis importantes doenzas vasculares que reúnen en Santiago especialistas de distintos países. Nesta ocasión, durante dúas xornadas están programadas 18 operacións que se retransmiten en directo, non só desde os quirófanos do hospital clínico compostelán.

Son doenzas, as vasculares, que afectan en maior medida a poboación envellecida, de aí a importancia de lograr atallalas con técnicas minimamente invasivas, para garantir a seguridade da intervención e a comodidade do paciente.

Conseguir mellorar a durabilidade das próteses arteriais é outro dos temas de debate neste encontro internacional.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/05/2019