CRTVG

Buscar

Encontro de cacharreiros, un oficio en perigo de extinción en Xunqueira de Espadañedo

Publicado o 10/08/2018 14:20

E agora fálamoslle dun oficio en perigo de extinción, o de cacharreiro: artesáns que lle daban forma ao barro para facer todo tipo de obxectos que despois ían vendendo de aldea en aldea. A chegada do plástico fixo que a súa actividade practicamente desaparecera. Para que non se esqueza esta profesión, no concello ourensán de Xunqueira de Espadanedo celebran cada ano un encontro de cacharreiros.

Nesta pequena aldea de Niñodaguia, nos anos 50, había máis dun cento de cacharreiros. Cada casa contaba cun forno para coce-lo barro. Un barro único ao que hoxe lle dan forma as mans dos artesáns que participan neste encontro de cacharreiros, algúns chegados mesmo de Portugal.Peculiaridades dun oficio que está en vías de desaparición.Hoxe transmitenlle a sabedoría das súa mans a pequenos  e maiores que poden facer os seus propios cacharros. O encontro de cacharreiro de Niñodeaguia estenderase toda a fin de semana.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/08/2018