Encontro cordial entre Biden e López Obrador
Publicado o 02/03/2021 08:10

O presidente de México Andrés Manuel López Obrador e os dos Estados Unidos Joe Biden mantiveron este luns o seu primeiro encontro.
Foi unha reunión virtual en que os dous mandatarios, nun ambiente cordial, apostaron por relacionarse en pé de igualdade e de respecto.
O encontro serviu para marcar o cambio en relación aos catro anos de altos e baixos da administración Trump nas relacións bilaterais.
Na declaración conxunta sinalan que debateron sobre os mecanismos de cooperación en asuntos de migración e que acordaron traballar unidos na promoción do desenvolvemento no sur de México e no triángulo norte de Centroamérica: Guatemala, Honduras e O Salvador.