CRTVG

Buscar

Encontran morto o violador da Vall d'Hebron

Publicado o 05/10/2020 08:47

Os Mossos d'Esquadra encontraron morto este domingo a Jose Rodríguez Salvador, de 61 anos, coñecido como o violador da Vall d'Hebron.

Segundo a policía catalá, o corpo estaba nunha zona boscosa e chea de pedras. A principal hipótese sobre o acontencido apunta a unha caída accidental por un terraplén.

O violador da Vall d'Hebron, chamado así polo barrio barcelonés onde actuou en 1990 e 1991, foi condenado a máis de 300 anos de cárcere por 17 violacións e diversos intentos. En 2012 quedou en liberdade tras vinte anos preso.

Noticias web

05/10/2020