CRTVG

Buscar

Encontran dous cadáveres nun edificio abandonado en Ribeira

Publicado o 11/05/2018 21:39

A Policía Nacional investiga o achado este venres dos cadáveres dunha parella na localidade coruñesa de Ribeira, segundo informaron fontes próximas á investigación. Estas mesmas fontes indicaron que nos dous corpos non se detectaron indicios de morte violenta nin da participación de terceiras persoas. Agora mesmo, a policía está á espera do que determine a autopsia, segundo precisan estas fontes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/05/2018