CRTVG

Buscar

Encher o depósito pode supoñer unha diferenza de dez euros en función da gasolineira

Publicado o 15/11/2019 16:08

Once da mañá ás aforas de Vilalba. Unha das gasolineiras máis baratas de Galicia.

"Nós non nos podemos permitir o luxo de poñelo caro porque se non a xente non viría a propósito, como vén. E veñen moito da autovía".

Veñen porque buscan na Internet as gasolineiras máis baratas e sáelles esta, de baixo custe, negocio que resiste e que se resiste a subir o prezo dos seus combustibles con aditivos.

"Preferimos gañar moi pouquiño pero que a xente veña coñecer á gasolineira".

Doce da mañá. Centro de Vilalba. Atopamos exactamente o mesmo prezo nesta veciña gasolineira de baixo custe.

"Veño e de momento vaime ben...".

Curioso caso, o de Vilalba.

"Vilalba agora...".

Fíxense, encher o depósito diésel aquí custa 62 euros, nove euros menos do que custa nesta estación de servizo de Teo, das máis caras de Galicia. Encher con gasolina aquí supón 75 euros, máis de dez euros máis caro ca ca naquelas de baixo custe de Vilalba.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/11/2019