Encher hoxe o depósito é máis caro en Galicia e España nesta Semana Santa
Publicado o 01/04/2021 14:15

E nestes días de Semana Santa collemos máis o coche. Se son dos condutores que necesitan encher o depósito, saiban que facelo hoxe vailles custar máis caro.
Ata 13 euros máis de media con respecto a hai un ano. Subiron os combustibles en toda Galicia. Se en 2020 cargar un tanque de gasóleo costaba 58 euros, agora sae por 71. O diésel rolda dos 1,2 euros o litro e a gasolina os 1,4, aínda que varía segundo onde vaia repostar.
O surtidor máis barato de diésel está no concello ourensán do Bolo. Alí o diésel está a menos dun euro.