CRTVG

Buscar

O Goberno advirte que Ence deberá abandonar a ría por imperativo legal

Publicado o 17/04/2019 22:13

O conselleiro delegado de ENCE, Ignacio Colmenares, di que a inseguridade xurídica provocada pola modificación do regulamento da Lei de costas recomenda investir fóra de España. Nunha carta enviada aos medios, insiste en que o traslado da fábrica de Pontevedra é imposible porque non hai en Galicia outra localización que reúna as mesmas condicións. Ademais, engade que habería que construír unha fábrica nova, que custaría máis de 700 millóns de euros. E neste punto Colmenares advirte de que a madeira e a man de obra son máis caras en Galicia que en América do Sur ou Portugal.

Á espera do que se decida na Audiencia Nacional sobre a prórroga a ENCE na ría, a compañía mantén conxelados os investimentos en Pontevedra, ao tempo que anunciou que esas melloras se levarán a cabo na planta que teñen en Navia, Asturias.

De Ence falaron hoxe na conferencia de prensa posterior á reunión do Consello de Ministros. Luís Ramos, o Goberno mantense firme na súa postura. O Goberno di que agardarán pola decisión xudicial: "É unha planta de celulosa está nun espazo de dominio público marítimo-terrestre, polo que non pode ter unha prórroga equivalente aos anos que leva aberta", advertiu a voceira Isabel Celáa.  

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/04/2019