CRTVG

Buscar

Ence recorre ao Tribunal Supremo para intentar manter a actividade en Pontevedra

Publicado o 29/09/2021 15:02

Ence recorre ao Tribunal Supremo para intentar manter a actividade en Pontevedra. Confirmouno a empresa no documento de presentación dos resultados do primeiro semestre. Recorreron esta semana no Supremo contra as sentenzas da Audiencia Nacional que anularon a prórroga da concesión en Lourizán.

Din que esgotarán todas as vías xurídicas e, se finalmente fracasan e teñen que irse, pedirán unha indemnización ao Estado. Cifran tamén o impacto do eventual peche en Pontevedra en case 200 millóns de euros. Terían que marchar de Lourizán, se fracasa o recurso, nun prazo de dous ou tres anos.

Noticias web

29/09/2021