CRTVG

Buscar

Ence estuda solicitar unha nova concesión para quedar en Lourizán

Publicado o 01/04/2019 19:39

En caso de que o proceso xudicial non se resolva cun veredicto a favor da continuidade de Ence nos terreos actuais, a empresa estuda a posibilidade de solicitar unha nova concesión para continuar nos terreos actuais. Pola súa banda, os traballadores estudan novas mobilizacións en defensa dos seus postos de traballo. A Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía advirte dos danos para a economía galega.

Denuncian que a retirada da defensa da prórroga da pasteira xera inseguridade política. Un cambio que segundo dín só se explica en clave electoral.

O pleno da corporación de Pontevedra rexeitou a moción do Partido Popular apoiada por Ciudadanos instando o Goberno Local a retirar o recurso presentado ante a Audiencia Nacional pola prórroga concedida a Ence.

Desde a Xunta pídenlle responsabilidade política ao Goberno central. O conselleiro de Economía urxe unha solución que lle dea certeza á industria e evitar asi o impacto no sector forestal galego.

 

Noticias web

01/04/2019