CRTVG

Buscar

Ence desvía 300 millóns de investimento á factoría de Navia

Publicado o 28/03/2019 20:25

Hoxe celebrouse a xunta xeral de accionistas e nela, o conselleiro delegado, presentou o plan estratéxico da compañía de aquí a 2023. Nese período Ence tiña previsto investir 500 millóns de euros en celulosa, dos que 350 irían para a factoria de Pontevedra. Pero a empresa mudou os plans tras coñecer que o Goberno central non ía defender a prórroga concedida. Deses 350 millóns que ía investir en Pontevedra agora serán 50 que a cifra que tiñan comprometida. O resto dos cartos, 300 millóns, dixo o conselleiro delegado de Ence, irán destinados á factoría de Navia, en Asturias. 

O desvío do investimento á factoría asturiana de Navia, non é a única medida que prepara Ence ante a posible anulación da prórroga concedida en 2016 ata 2073. A empresa confirma que se lle revogan a prórroga, marcharán fóra de España, a un país, di, con "seguridade xurídica".

Ence anuncia ademais que lle reclamará ao Estado responsabilidade patrimonial polos danos que lle causaría marchar de Pontevedra.

Malia que a empresa se prepara para o peor dos escenarios, anuncia que defenderá "ata as últimas instancias xurídicas" o mantemento da actividade da planta de Pontevedra. En Ence están convencidos de que lles asiste a razón xurídica.

Este xoves recibiu o apoio expreso da Confederación Española de Organizacións Empresariais. Nun comunicado, a CEOE esíxelle ao Goberno que manteña a prórroga. Alerta ademais da gran repercusión que tería para Galicia que Ence tivese que pechar. A patronal sinala que son 400 empregos directos e case 5.000 indirectos. E lembra que Ence achega un 28 por cento a o PIB de Pontevedra e paga 33 millóns en impostos.

Noticias web

28/03/2019