CRTVG

Buscar

Ence conxela 350 millóns de investimentos en Pontevedra ata que se aclare o seu futuro

Publicado o 21/03/2019 19:17

A decisión do Goberno central de retirar o seu apoio á prórroga da pasteira cuestiona o futuro da fábrica. Polo momento, Ence decidiu conxelar os investimentos do seu plan estratéxico, en total 350 millóns previstos para os próximos cinco anos. A incerteza esténdese aos máis de cinco mil postos de traballo directos e indirectos da compañía. Nas últimas horas a empresa presentou na Audiencia Nacional as súas alegacións a favor da prórroga de sesenta anos.

A incerteza sobre a continuidade de Ence en Lourizán xa ten as primeiras consecuencias. A pasteira conxela os investimentos do seu plan estratéxico para os próximos cinco anos por un valor de 350 millóns de euros. Pola súa banda os traballadores estudan mobilizacións en defensa dos seus empregos.

A retirada do apoio do Goberno central á prórroga da planta cuestiona o futuro de máis de cinco mil postos de traballo directos e indirectos na compañía que xera un 30% do PIB forestal. Nas últimas horas Ence presentou na Audiencia Nacional as súas alegacións a favor da prórroga de sesenta anos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/03/2019