CRTVG

Buscar

ENCE asegura que o traslado da fábrica en Galicia non é viable, nin técnica nin económicamente

Publicado o 17/05/2019 18:25

ENCE desbota a posibilidade de trasladar a súa fábrica a outra localización en Galicia cando remate a súa concesión en 2073, prórroga que está denunciada na Audiencia Nacional polo Concello de Pontevedra, a Asociación pola Defensa da Ría e Greenpeace.

Nun comunicado difundido pola empresa, a compañía afirma que a construción dunha nova fatoría custaría 700 millóns de euros e que a operación non é viable economicamente. Tampouco desde o punto de vista técnico, puntualizan, porque, segundo se explica no texto, non existe ubicación algunha en Galicia que cumpra cos requisitos de subministro e evacuación de auga e de proximidade a unha masa forestal. ENCE recorda as consecuencias negativas para o emprego, coa afectación de máis de 5.000 familias, e na caída do prezo da madeira.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/05/2019