CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Encargan un estudo de xestion dos residuos previo ao desentullo en Tui

Publicado o 08/06/2018 14:56

O desentullo na zona cero de Tui afectada pola explosión non poderá comezar sen antes realizar un estudo da xestión de residuos. Esta mañá houbo unha reunión técnica.

Un estudo de xestión de residuos determinará cando se pode comezar co desentullo en Paramos, a zona afectada polo explosión da pirotecnia ilegal. Ademais, a comisión técnica reunida esta mañá nomeou un xerente que coordine as accións e compareza na causa xudicial. Tamén se acordou a creación dunha oficina urbanística para atender os afectados e axudar a axilizar os trámites.

O estudo da xestión dos residuos será o paso previo para poder elaborar o plan de desentullo na zona cero. Foi unha das decisións tomadas polos técnicos de distintas administracións na reunión mantida este venres en Tui, na que tamén se designou un xerente urbanístico para xestionar a urxencia. Tamén se acordou a creación dunha oficina urbanística para atender os afectados e axudar a axilizar os trámites. En total, a explosión deixou 31 casas totalmente destruídas e 290 danadas. Os afectados comezaron a solicitar as axudas, que xa se publicaron no 'Diario Oficial de Galicia'.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí