CRTVG

Buscar

Encarcerado un lugués polo envío de 40 quilos de cocaína

Publicado o 17/12/2019 11:33

Envían a prisión un lugués investigado polo envío dende Medellín, Colombia, de 40 quilos de cocaína á súa empesa de Lugo. A detención produciuse tras meses de investigación.

O cargamento foi comisado na cidade estadounidense de Memphis, na sede da empesa de loxística a través da que se facía o envío. Estaba oculto nun palé de pezas de automóbiles.

O valor da droga no mercado superaría o millón e medio de euros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/12/2019