Encárase ao atracador da súa xoiería en Vimianzo e fai que fuxa, tras sufrir tres asaltos este ano
Son imaxes dun dos últimos atracos a unha xoiería de Vimianzo, que xa perdeu a conta de tódolos que leva. Neste, o ladrón aproveitou que a dependenta sacou mercadoría para mercar e tirou dela ata que se fixo con boa parte do material. Foi hai 13 días e levoulle un mostrario de pulseiras de ouro. Victoria trata de volver á normalidade, pero o último atraco foi arredor das sete e media da tarde deste luns a man armada.
A dona da xoeiría, María Victoria García, explica que foi un "encapuchado, cunha pistola e díxome que lle entregara todo o ouro. Eu no momento levanteime e dixen :'Ai, si!', e pulsei o pulsador da alarma e empecei a correr detrás del, e el marchou. Tiven esa reacción de levantarme e ir por el, de darlle co que fora".
Ela perseguiuno ata fóra pero perdeuno de vista. A cámara instalada na xoiería rexistrou todo. Victoria di que non durme pola noite e que ten medo de todo canto entra na xoiería. Mesmo así, quédalle humor e advírtelles aos ladróns que pensa seguir defendéndose.
A dona da xoeiería asegura, entre risos, que "xa non teñen nada que levar", pero engade: "Vou seguir defendéndome".
Desde o ano 2015, este establecemento de Vimianzo foi asaltado catro veces, as tres últimas este mesmo ano.