CRTVG

Buscar

Encarapuchados asaltan de madrugada unha cafetería en Dena

Publicado o 08/07/2019 14:37

O asalto ocorreu de madrugada nunha céntrica rúa de Dena, no concello de Meaño, e á vista dos clientes que quedaban en locais de restauración próximos e que foron os que deron aviso á Garda Civil e ao propietario da cafetería.

Os ladróns apenas tardaron tres minutos. Na súa fuxida unha patrulla da Garda Civil logrou localizalos, se ben a gran velocidade á que circulaban premitiulles escapar.

Horas depois aparecía tirada nunha estrada de Moaña a impresora de décimos totalmente esnaquizada.
O seguro calcula agora a canto ascenden as perdas polo roubado na comecartos así como dos danos ocasionados na impresora, valorada en 800 euros, e nos cristais do local.

Noticias web

08/07/2019