CRTVG

Buscar

Encalla o pesqueiro Boteira Primero nunha pedra do Serriño, fronte a Aguiño

Publicado o 13/05/2019 20:13
Encalla o pesqueiro Boteira Primero nunha pedra do Serriño, fronte a Aguiño

Un arrastreiro de Ribeira con oito tripulantes a bordo encallou esta tarde fronte ao litoral de Aguiño, na zona coñecida como O Serriño. O Boteira Primero regresaba de traballar cando sufriu un problema co temón que o fixo varar enriba dunhas rochas. Ningún dos mariñeiros que ían a bordo sufriron danos.

Ata o lugar desprazáronse a lancha Salvamar Sargadelos, a da confraría de Aguiño e tres arrastreiros de Ribeira. Finalmente, o barco desencallou sen axuda e continuou o seu rumbo a porto.

Noticias web

13/05/2019