CRTVG

Buscar

Encaixe de Camariñas nas máscaras

Publicado o 17/07/2020 21:45

Estas innovadoras máscaras son deseños de Esteban Freeiría. Todas elas teñen en común que levan aplicacions de encaixe de Camariñas. O encaixe é unha tradición que non deixa de reinventarse para adaptarse aos novos tempos e ás necesidades que xorden. Agora, as palilleiras de Camariñas están a deseñar pezas de encaixe para aplicalas nas máscaras, que comezan a ser obrigatorias na maioría das situacións

 Doleres Lema. directora da Mostra de Encaixe de Camariñas "E Aagora vemos que temos que ampliar o atálogo para facer novas pezas para aplicalas ás máscaras. Refírome a que todo o encaixe de Camariñas pódese facer de diferentes cores, fíos e tecidos"

Por outra parte, as palilleiras de Camriñas, están tamén a poñer as súas creacións nas máscaras que fixeron os voluntarios durante o confinamento. Máscaras para poñer a diario, pero co seu toque diferenciador

 Norma Carril, palilleira_ "Para un tipo de patrón que vou preparar er pois vai un pouco curvafdacomo fai un pouco curva o patrón a puntilla vai un pouco curva. Pero despois hai as que levan a puntilla recta ou un aplique como a que teño eu posta"

Así, as palilleiras crean as súas propias máscaras que logo poñen á venda nas súas tendas
 

Noticias web

17/07/2020