As empresas con máis de 500 traballadores poderán vacinar nos centros de traballo
En xuño, as empresas con máis de 500 traballadores poderían empezar a vacinar os seus empregados nos seus propios centros de traballo. Isto axilizaría a inmunización, xa que os traballadores non terían que desprazarse aos puntos de vacinación e non se alteraría o ritmo de traballo nas cadeas de produción.
"A nosa intención é que as grandes empresas, sobre todo aquelas que xa teñen punto de vacinación da gripe acreditado, poidan axudarnos na vacinacións, achegárllelas aos seus traballadores", explica o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.
As vacinacións faríanse seguindo os mesmos criterios e o calendario da comunidade, como respectar os grupos de idade ou os períodos entre doses. O persoal dos centros sanitarios destas empresas recibirán formación e o material para administrar as doses.
"O ritmo de movemento económico virá marcado polo ritmo de vacinación dos traballadores", di Juan Manuel Vieites, presidente da Confederación de Empresarios de Galicia.
Sanidade elabora xa ese plan de vacinación xunto ás confederacións de empresarios. Comunidades como a Valenciana xa contan cun protocolo similar.