En xullo volven as viaxes en globo na Ribeira Sacra
No ceo da Ribeira Sacra poderán verse de novo os coloridos globos aerostáticos que permiten desfrutar dun xeito único da visión dos viñedos que medran a carón dos ríos Miño e Sil, a harmoniosa vexetación dos seus montes e os templos románicos que lle dan nome e sona á zona.
Será o próximo mes, en xullo, aínda que a data para os primeiros voos está pendente de ser confirmada pola empresa madrileña que vai xestionar esta oferta turística. A intención, en principio, é programar voos todos os dias. A duración da experiencia no aire é dunha hora.
Outro xeito de gozar da Ribeira Sacra é dende a auga. Os catamaráns que navegan polo Miño e o Sil reactiváronse este sábado. Había ganas de conectar coa natureza.
De momento, e como medida de prevención, a acollida das embarcacións non pode superar o cincuenta por cento.