CRTVG

Buscar

En xaneiro de 2018 a Garda Civil da detalles do caso Diana Quer

Publicado o 27/10/2019 14:55

O caso Diana Quer, moi presente nos medios nestes últimos tres anos, comezou á mañá seguinte de que a nai dunha rapaza madrileña denunciara a desaparición da súa filla de 18 anos. Cincocentos días durou a busca.

2 de xaneiro de 2018. Na delegación do goberno da Coruña os coroneis Sánchez Corbí e Jambrina dan unha rolda de prensa inusual e cargada de pequenos detalles do caso de Diana Quer. Unha filtración nun xornal precipita a detención do Chicle, o principal sospeitoso, segundo os investigadores, desde a semana da desaparición de Diana Quer na Pobra, en agosto de 2017.

Francisco Javier Jambrina, xefe da Comandancia da Garda Civil da Coruña  conta que se preguntan se detelo só polo incidente de Boiro ou se seguen ao seu ritmo polo incidente de Diana Quer.

Manuel Sánchez Corbí, comandante da UCO  di que hai unha similitude entre o que ocorreu en Boiro e o caso Diana, no que non saben aínda o que pasou. Tamén di que instintivamente un ten que ir a unha hipótese similar.

A clave da primeira confesión de Abuín estivo nos que lle deran coartada a noite da desaparición, Rosario, a muller, e os seus dos seus cuñados.

Manuel Sánchez Corbí, comandante da UCO fala de que o soporte da familia era unha pata moi importante para que mantivera a súa mentira. Cando iso caeu el  quíxose liberar polo menos contando onde estaba o corpo.

Confesa que lle dera morte, non asasinala e condúceos a Asados, ao lado da casa dos seus pais. Diana Quer leva case 500 días dentro dun pozo dunha antiga fábrica de gaseosas.

Francisco Javier Jambrina, xefe da Comandancia da Garda Civil da Coruña explica que atoparon o corpo bastante ben conservado. Que tiña atado pola cintura dúas cordas e en cada unha colgado un ladrillo de obra, de formigón".

En Verín paractícanlle a autopsia e devolven o corpo á familia. O único acusado ingresa en prisión provisional.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/10/2019