CRTVG

Buscar

En Viveiro a ocupación hoteleira roza xa o 100%

Publicado o 09/04/2019 14:14

En Viveiro xa están en plena conta atrás para a celebración da súa Semana Santa, declarada de Interese Turístico Internacional, e iso nótase e moito nos establecementos hoteleiros. Na maior parte dos hoteis da vila os datos de ocupación rozan o cheo nos días grandes e as reservas esténdese tamén a outros concellos lindeiros.

Visitantes galegos e tamén de diversos puntos de España como Asturias e Madrid son os que máis escollen Viveiro nestas datas. A Semana Santa é unha das épocas clave para o hostelería, dado que esta vila, de pouco máis de 15.000 habitantes, duplica a súa poboación.

Agora agardan a que o tempo acompañe para confirmar todas as reservas e que non haxa cancelacións de última hora.

Noticias web

09/04/2019