CRTVG

Buscar

En Vilariño de Conso, os boteiros danzaron esta noite ao son dos folións

Publicado o 03/03/2019 17:36

A noite é cómplice dos folións de Vilariño. Cae a escuridade e os bombos retumban na serra do Invernadeiro e nas entrañas dos seus moradores. Os folións non precisan disfraces nin variedade instrumental para facer o seu Entroido. Pero si un bo adestramento para lle arrincar a máxima sonoridade ao bombo e á gadaña.

Brincando ao ritmo destas primitivas melodías van os boteiros, a máscara de Vilariño. Cada recuncho destas montañas do macizo central ourensán tivo en tempos o seu folión e a súa melodía particular, coa que se anunciaban de aldea en aldea. Van quedando cada vez menos, pero os que hai bótanlle máis ganas ca nunca para que o monte non quede sen o seu latexo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/03/2019