CRTVG

Buscar

En vigor a lei estatal que obriga a usar a máscara aínda que haxa 1,5 metros de distancia

Publicado o 31/03/2021 08:29

Hoxe entra en vigor a lei de nova normalidade que regula as medidas para facer fronte á COVID−19. Inclúe unha novidade para todo o Estado: a obriga para os maiores de seis anos de levar a máscara posta en espazos interiores ou exteriores aínda que se manteña a distancia de metro e medio. A norma a grandes trazos xa estaba en vigor en Galicia e suscitou un debate público ao teor, especialmente, do seu uso nas praias. 

A nova lei xerou dúbidas e contradicións, en gran medida porque outras normas autónomicas xa trataran aspectos que recolle, como o uso da máscara. Por exemplo, segundo a redacción literal, é obrigado levala posta cando se toma o sol na praia, pero en Galicia era unha das excepcións. E ao revés, en xaneiro a Xunta decretou que había que poñela ao facer deporte individual ao aire libre, e a lei de nova normalidade exime do seu uso nese momento.

As desharmonizacións explícanse tamén polos tempos de tramitación: o texto publicado no BOE é un compendio das medidas das desescalada acordadas en xuño de 2020 e comezou a cursarse daquela. Agora, aínda que se anunciou que estará en vigor ata que a crise sanitaria se dea por rematada, hoxe será revisado no Consello Interterritorial.

A lei de nova normalidade prevé outros moitos aspectos: como que a venda unitaria de máscaras non empaquetadas só se pode facer nas farmacias, as medidas sanitarias para centros de traballo, escolas ou residencias e a covid−19 como enfermidade de declaración obrigatoria urxente.

Noticias web

31/03/2021