CRTVG

Buscar

O pavillón do Berbés será albergue para as persoas sen fogar de Vigo durante o período de alarma

Publicado o 25/03/2020 15:18

O pavillón municipal do Berbés, en Vigo, convértese nun albergue para que as persoas sen fogar poidan pasar o período de alarma. Persoal da Cruz Vermella encárgase de atendelos nas instalacións, que foron desinfectadas previamente e nas que se colocaron 38 camas. Tamén se habilitou un comedor e se acondicionaron os aseos.

Calquera persoa que queira acceder ao centro ten que rexistrarse, tómaselle a temperatura e entrégaselle un equipo de hixiene. Unha vez rexistrados, deberán permanecer neste espazo o tempo que dure a corentena.

 

Noticias web

25/03/2020