CRTVG

Buscar

En tres semanas Coudet revolucionou un celtismo que xa lle adica unha canción

Publicado o 12/12/2020 13:20

Comezou vendo a derrota en Sevilla desde a bancada e a partir dese momento moitas cousas mudaron no cadro vigués. Detalles como a recolocación axeitada de Brais Méndez, a recuperación anímica e futbolística de Hugo Mallo e , sobre todo, a sensación de que o equipo ten un patrón polo que guiarse. 

Certo que os canteiráns de última xeración como Fontán, Veiga e Rodríguez perderon protagonismo, pero Aspas segue na súa liña, Beltrán e Baeza semellan pezas importantes nunha rotación máis curta, e os rivais xa perciben que, por fin, que este Celta ten outra cara.

E no asunto das fichaxes, Coudet manexa mellor os tempos. A proba máis evidente de que o Chacho caeu de pe en Vigo é que en menos dun mes os de Como que non? xa lle adicaron unha peza ao técnico arxentino...

Noticias web

12/12/2020