CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

En terra os 25 superviventes do naufraxio do Dorneda

Publicado o 15/07/2018 21:26
Chegaron a terra os 25 sobreviventes do pesqueiro galego "Dorneda", afundido en augas da Patagonia na madrugada do mércores.


Fai escasos minutos ingresaba ó porto de Mar del Plata , a uns 400 km de Bos Aires, o Beagle 1, o buque no que viaxaban 9 dos 25 superviventes ó naufraxio do pesqueiro galego Dorneda. Non sen dificultades pois despois dunha avaría tiveron que ser remolcados.
Ata o porto de Montevideo chegaron, a bordo do Farruco, tamén propiedade da empresa galega Freiremar, os outros 16 tripulantes e tamén o corpo sen vida do único falecido, de nacionalidade peruana. Alí foron recibidos por autoridades diplomáticas tanto españolas como peruanas. Aseguran estar ben pero tristes polos seus compañeiros.
E lembremos que na zona do sinistro, a uns 570 kilómetros da costa norte da Patagonia arxentina continúa o operativo de busca para tentar dar co paradeiro do único mariñeiro que continúa desaparecido. Cada vez con menos esperanzas de poder atopalo con vida.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí