En Soutomaior apostan pola montaxe dunhas carpas no exterior do centro de saúde
Publicado o 17/04/2020 15:04
Son as dúas carpas instaladas arredor do centro de saúde de Arcade. Unha iniciativa de ida e volta que combate o medo ao contaxio, como nos conta o médico Andrés Santiago.
Na carpa de diante dispensan receitas, atenden consultas de enfermería ou fan as probas de sintrom, evitando o contacto directo.
Na carpa de atrás agardan os pacientes para que non se produzan aglomeracións.