CRTVG

Buscar

En Sanxenxo pódese pagar o aparcadoiro reciclando

Publicado o 05/08/2019 11:45

Ata finais de mes, na praza do Mar, en Sanxenxo, estará instalado un ecoparking cuxo fin é concienciar sobre o abandono de lixo en espazos naturais e potenciar unha actitude ecoloxista.

Dende este luns estanse a recoller botellas de plástico e latas, e a iniciativa está a dar bos resultados. Coa entrega destes envases os usuarios son obsequiados con bolsas de tea para concienciar sobre o uso abusivo do plástico.

Ademais de Sanxenxo, durante o verán poderanse atopar estes ecoparkings noutros puntos, potenciando así, o desenvolvemento sostible.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/08/2019