CRTVG

Buscar

A Revista Fin de Semana

A biblioteca do convento de San Francisco de Santiago alberga algúns dos primeiros libros impresos en España

Publicado o 17/06/2018 12:38


Non todo está en Internet. Por exemplo os fondos antigos dalgunha bibliotecas que gardan verdadeiros tesouros do coñecemento. En Santiago, a biblioteca do convento de San Franciso alberga 100 mil libros, algúns dos primeiros que se imprimiron en España. Os franciscanos queren dar a coñecer estes fondos e abrilos aos investigadores. Entramos con eles na súa Biblioteca.








Cun aspecto renovado despois de varias reformas a biblioteca do convento de San Francisco amorea nos seus estantes libros sobre todo relixiosos, algúns tan destacados como a primeira biblia poliglota do Cardenal Cisneros impresa no século XVI en latin grego e hebreo. Unha xoia bibliográfica que se une aos 72 incunables, libros impresos antes do ano 1500, que atesoura esta biblioteca.

INSERTO 18.49-19.14
INSERTO 20.22-20.57

Pero nesta biblioteca non só se gardan libros relixiosos senón de tódolos ámbitos do coñecemento, dende xeografía a botánica, arte ou historia. Libros que nos poden desvelar os inicios da ciencia e da busca da sabiduría. Porque os conventos e os mosteiros foron durante séculos os depositarios do saber.

INSERTO 13.03-13.42

Como o convento dos franciscanos en Santiago foi tamén un colexio de misioneiros para Terra Santa e Marrocos encontramos moitas obras da cultura e do pensamento árabe, coleccións particulares de frades que foron grandes estudiosos neste ámbito. Non todo o podemos encontrar en internet.

INSERTO 11.05-11.28

Os franciscanos pretenden que este patrimonio que garda a bibliteca se coñeza e difunda, por iso queren abrilo aos investigadores e á colaboración coas Universidades.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí