En Riotorto mantense a tradición do traballo artesanal do ferro na forxa
Riotorto foi e quere seguir sendo terra de ferreiros. O lume dalgunhas forxas, como a de Manuel, segue aceso, para manter vivo un oficio que por estas terras foi moi popular e que se remonta alomenos ata 2.500 anos atrás, pasando de xeración en xeración.
"Daquela axudáballe a meu pai, foi a orixe pero logo fixen cousas diferentes. Hai que adaptarse ao mercado e aos gustos das persoas", conta Manuel Alonso Fojaca, un ferreiro veterano que empezou a traballar na forxa familiar con 15 anos.
O que non cambia é a maneira de facelo traballo. Golpe a golpe seguen domeando o ferro quente cara as formas máis demandadas que seguen sendo coitelos, navallas, fouces e outros apeiros agrarios. "Antigamente viña moita xente rural e aínda ven, pero non tanto", di Manuel.
Hoxe en día a pervivencia do oficio enfócase máis cara a promoción da artesanía e o turismo, como un reclamo para dar a coñecer Riotorto. Xa levan unha ducía de edicións da Feira do Ferro e vai habendo algún que outro artesán novo, pero aínda así Manuel di que a continuidade deste oficio milenario está en xogo.
"Porque isto non se aprende nun día, hai que ter moita vontade. Aqueles tempos eran outros tempos", recalca Manuel.