CRTVG

Buscar

En Ribeira participaron o sábado no cribado o 66% dos citados, na Estrada o 90%

Publicado o 15/11/2020 20:06

Remata o cribado realizado en Ribeira a persoas de entre 40 e 50 anos de idade. As probas PCR realizáronse na lonxa nova. En total, nestes catro días estaban citados uns 5.500 veciños de entre 40 e 50 anos. En canto á participación da veciñanza, onte sábado estaban citadas 1.443 persoas, delas acudiron 954, algo máis do 66 por cento.

Tamén continúa en nivel de alerta máxima o concello da Estrada. Na cortorna do val de Vea seguen a buscar casos positivos asintomáticos tras un gromo que quedaba descontrolado nos últimos días. Continúan co cribado dunhas 2.500 persoas de doce parroquias. A participación o sábado foi masiva, das 1.300 persoas convocadas, acudiron 1.167, é dicir un 90% dos citados.

Noticias web

15/11/2020