CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

En Ribadavia atopamos a única fábrica de tapóns de cortiza de Galicia

Publicado o 24/01/2018 14:53

En Ribadavia atopamos unha fábrica que é xa toda unha rareza en Galicia. Desta fábrica de Ventosela, en Ribadavia, saen cada día arredor de 200.000 tapóns de cortiza coma estes. Case o oitenta por cento da produción vai parar a adegas de Galicia, Asturias e O Bierzo. A súa materia prima procede de sobreiras do Val do Miño, o Val do Avia, o Sil ou a zona de Vila de Cruces.

Tras máis de medio século de historia ás súas costas pode presumir de ser a día de hoxe a única fábrica de cortiza que segue a traballar en Galicia. No 1966 o pai de Francisco chegou a Ribadavia procedente de Portugal. Aquí decidiu instalarse e poñer en marcha un negocio recoñecido no país veciño: a fabricación de cortiza. De aquí saen cincuenta millóns de tapóns de cortiza ao ano, arredor de douscentos mil ao día. O seu prezo varía dende os cinco ata os cincuenta céntimos por unidade, os preferidos para os viños de autor. E todo ten un porqué. Cada nove anos pódese extraer a cortiza dunha sobreira, da que saen arredor de cen quilos de materia prima. Esta é a única fábrica de cortiza que segue a traballar en Galicia, todo un reto din, para o futuro.