CRTVG

Buscar

En Quiroga prodúcese aceite galego de variedades autóctonas

Publicado o 26/02/2019 21:35

É o Ouro de Quiroga ou tamén o ouro galego, fonte de vida e manancial de saúde. Prodúcese no sur do país desde hai 2.000 anos, unha cultura pegada ao noso que, por motivos administrativos, desapareceu a finais do século XIX, pero volveu como sustento familiar e troco de moeda en moitas familias galegas alá polos anos 50 e 60.

Coma Jesús, algúns veciños máis decidiron profesionalizar o que era daquela unha tradición e apostar polo aceite propio, aquel co que medraron e que se dá tan ben nesta zona do país: cun clima máis que apto para o seu cultivo. Así naceu o Ouro de Quiroga, unha empresa de pequena produción, pero que desde o 93 apostan por algo moi grande: as variedades autóctonas. 

Xa nada queda destes muíños de pedra que recordan na zona, cambiaron a pedra pola máquina, pero o sabor e o resultado do proceso neste novo lagar, o mesmo: o aceite das nosas variedades , a mansa e a brava.

En Ouro de Quiroga saben ben o que é poñer en valor o propio e recuperar unha tradición que, igual que o viño, forma parte do noso patrimonio. É que xa o di o refrán: "Aceite e viño, bálsamo divino".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/02/2019