CRTVG

Buscar

En Queiroás recrean como se facía a seitura

Publicado o 20/07/2019 18:39

Fouce en man comezan cedo coa seitura para fuxir da calor. É tempo da sega do pan, un traballo en que axudaban todos os membros da familia.

Hoxe os veciños de Queiroás, en Allariz convertéron a seitura nunha festa etnográfica, pero algúns non esquecen cando traballaban meses como segadores nos campos de Castela. Coma Alfredo que comexou con 13 anos.

Co traballo case feito chegan as mulleres co almorzo, pero a alimentación da familia non era o seu único labor, e tamén segaban.

Tamén hai tempo para as cantigas.... E recuperados os folgos co churizo e o viño toca facer os mollos da palla. O ciclo do pan continuará coa malla, logo a moenda e rematarán coa fornada dese pan que despois cocían para varios días.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/07/2019