CRTVG

Buscar

En quince días de novembro choveu o que adoita caer en todo o mes

Publicado o 15/11/2019 14:01

Imaxes gravadas esta mañá desde o monte Culou, en Lousame, amosan un panorama atmosférico de nubes e claros, con chuvascos e con temperaturas sen cambios. MeteoGalicia tamén prevé que hoxe neve na montaña de Lugo. Os prognósticos apuntan a unha mellora progresiva, pero por pouco tempo.

Ana Lage, meteoróloga de MeteoGalicia di que "canto ao sábado, é unha xornada de ceo con intervalos anubrados, algúns chuvasco pode caer pola mañá, de xeito moi ocasional e máis probable canto máis ao norte. Na noite do sábado ao domingo volverá a chuvia e algún chuvasco tamén quedará para a mañá do domingo, especialmente no terzo norte de Galicia. As temperaturas soben o sábado. Volven subir o domingo.

Para o luns teremos unha tregua canto á chuvia, pero a previsión para os seguintes días é unha sucesión de borrascas que chegan polo Atlántico e frontes asociadas a elas afectarán a nosa comunidade. Así que a probabilidade de chuvia vai ser alta.

Na maior parte das localidades levamos xa ao redor de catorce días seguidos con chuvia. Tamén é moi salientable comentar que nestes quince días na maior parte de Galicia xa choveu o que que sería o correspondente á chuvia agardada para un mes de novembro".

En Lugo, por exemplo, iso xa está superado con medio mes por diante e previsión de máis chuvia.

Noticias web

15/11/2019